Política | Actualidad
SOCIEDADE

Tecendo Rúas... Tecendo Soños

A Xunta colabora co programa ' Tecendo rúas-Tecendo soños' para o fomento do asociacionismo no concello ourensá de Veiga

' Tecendo Rúas..Tecendo Soños', na Veiga, donde a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destaca a iniciativa na Veiga, como mecanismo de socialización das mulleres do municipio. / Deputación Provincial de Ourense

' Tecendo Rúas..Tecendo Soños', na Veiga, donde a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destaca a iniciativa na Veiga, como mecanismo de socialización das mulleres do municipio.

Ourense

A secretaria xeral da igualdade, Susana López Abella, participou na inauguración da exposición ' Tecendo rúas... Tecendo soños', impulsada pola Asociación de Mulleres Rurais e o Concello ourensán da Veiga e que serviu de homenaxe ás mulleres participantes na iniciativa.

'Tecendo Rúas...Tecendo soños' é un proxecto que ten como obxectivo crear un espazo de interación e sociabilidade entre as persoas do concello da Veiga que finalmente redunde no fomento do asociacionismo e a participaqción das mulleres. As mulleres de duferentes núcleos do concello teceron durante tardes enteiras, facéndose compañía, e dando pé á elaboración de obxectos e pezas que integran a exposición que inauguraron.

López Abella destacou a importancia do proxecto, no que a Xecretaría Xeral de Igualdade colaborou economiocamente, e animou aos seus impulsores a seguir nesta liña, promovendo iniciativas que sexan útiles ás mulleres da Veiga.

Xunto a Susana López Abella tamén participaron o alcalde, Juan Anta Rodríguez, e a presidenta da Asociación de Mulleres Rurais da Veiga, Julita Rodríguez Barrio. O acto contou coa actuación das cantareiras da Real Banda da Deputación de Ourense e coa entrega de medallas ás mulleres que colaboraron na recuperación das cantigas tradicionais.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00