Sociedad | Actualidad
Tercera edad

Comeza unha nova edición da Semana dos Maiores

A programación ofrece varias actividades que se repetirán ao longo dos cinco días como a práctica de tai-chi e cachibol no Xardín do Posío.

A programación ofrece varias actividades que se repetirán ao longo dos cinco días como a práctica de tai-chi e cachibol no Xardín do Posío. / Radio Ourense- Cadena Ser

A programación ofrece varias actividades que se repetirán ao longo dos cinco días como a práctica de tai-chi e cachibol no Xardín do Posío.

Ourense

Tai-chi ao aire libre, un recital de corais, a representación da obra teatral “Atraco ás tres” a cargo do grupo “Aturuxo”, ou unha comida de confraternidade na Carballeira de Santa Cruz serán algunhas das actividades programadas pola Concellería de Asuntos Sociais para a Semana dos Maiores que comeza hoxe luns, 28 de maio.

Até o vindeiro venres un de xuño o Concello de Ourense ofrecerá un amplo programa de actividades deportivas, lúdicas e culturais, unha media de catro por día, co obxectivo de animar aos maiores a manterse en forma e de estimular as súas relacións sociais.

A programación conta con varias citas comúns durante os cinco días. Se trata da práctica de exercicios de tai-chi no Xardín do Posío, ás 10,00 horas; a exposición dos traballos feitos polos alumnos dos cursos de traballos manuais, no Centro Cívico de A Cuña (entre 11,00 e 13,00 horas e de 16,00 a 18,00 horas) e partidos de cachibol, tamén no Posío ás 11,30 horas.

O martes, 29 de maio ás 11,00 horas terá lugar a entrega de diplomas dos cursos de Informática, no salón de actos do Centro Cívico de A Ponte.

Un dos pratos fortes desta edición será a representación da obra teatral “Atraco ás tres”, no Auditorio Municipal, o mércores 30 de maio ás 20,00 horas, a cargo do grupo “Aturuxo”. É preciso asistir con invitación.

Os interesados poden recoller as entradas gratuítas, dende o pasado 24 de maio, nas instalacións do Centro Cívico Colón. Cada persoa pode recoller ate catro entradas, pero é necesario presentar o DNI de todos os que desexen asistir á representación.

O xoves, 31 de maio, será a Comida da Semana dos Maiores, que está prevista ás 14,30 horas na Carballeira de Santa Cruz. Entre 16,30 e 19,00 horas haberá un baile para os asistentes.

Para asistir á comida no restaurante “A Carballeira de Santa Cruz” os interesados deberán facer unha reserva previa. O prezo do menú é de 16 euros que deberán abonarse no restaurante o mesmo día da comida. Só se farán reservas até o 30 de maio. Recoméndase levar o importe xusto para axilizar a entrada no restaurante.

A Semana de Maiores rematará cun recitar de Corais a cargo da “Coral Gaudeamus” e da “Coral Albor”, da Sociedade Cultural Albor, no Paraninfo do Instituto Otero Pedraio o venres, un de xuño, as 20,30 horas. A entrada será libre.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00