A María Victoria Moreno máis políticamente correcta
Abel Caballero, Elena Muñoz e máis Rubén Pérez recitan en Radio Vigo poemas da homenaxeada
Vigo
Neste día tan sinalado, no Día das Letras Galegas quixemos facer no Hoy por Hoy Vigo a nosa particular homenaxe á figura de María Victoria Moreno, á nosa lingua e á nosa cultura. Pedímoslle aos nosos políticos que saíran da súa zona de confort, dos seus temas do día a día, para que fixesen algo ao que non están afeitos: recitar poesía. No programa especial que fixemos co gallo do Día das Letras Galegas, tivemos ao alcalde de Vigo, Abel Caballero; á presidenta do PP de Vigo, Elena Múñoz; e mais ao voceiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez. Todos eles fixeron seus os textos e poemas desta estremeña tan galega e que tanto fixo pola nosa cultura. O resultado non estivo mal. E para abrir boca, contamos coa impagable colaboración dun Premio Nacional de Literatura como é Antonio García Teijeiro. O autor de 'Poemar o mar' tamén se prestou a colaborar nesta iniciativa de Radio Vigo e estivo con nós facendo unha lembranza literaria á figura de María Victoria Moreno.
Abel Caballero recita un poema de María Victoria Moreno
01:07
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Elena Muñoz recita un poema de María Victoria Moreno
00:52
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Rubén Pérez recita un poema de María Victoria Moreno
00:54
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Antonio García Teijeiro recita un poema de María Victoria Moreno
01:25
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles