Sociedad | Actualidad
Día das Letras Galegas

Freixanes: "O galego vendeuse por un plato de lentellas cando o PP volveu ó poder"

O presidente da RAG acusa a Feijoo de pregar a súa política lingüística ás demandas de Galicia Bilingüe por "30.000 votos", e reclama un novo plan de normalización lingüística

O presidente da RAG, Víctor Freixanes, antes da entrevista con Aida Pena. / Cadena SER

O presidente da RAG, Víctor Freixanes, antes da entrevista con Aida Pena.

Santiago de Compostela

O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, reclama nunha entrevista na Cadena SER que se abran negociacións para impular un novo plan de normalización lingüística en Galicia.

"Precisamos unha política educativa máis integradora a favor do galego, deberíamos sentarnos tódolos sectores, o problema no galego non está na escola, está na vida social desas novas xeracións, sentarnos a construir un novo plan de normalización lingüística", asegurou.

Entrevista a Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega

00:37

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/008RD010000000256371/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Freixanes considera que trala caída de galegofalantes hai tamén un problema político. "Tamén hai outro aspecto importante, ¿qué fixemos a nivel de política lingüística?, por algunha razón, e sobre todo, nos últimos tempos levantouse o pé do acelerador".

"O galego vendeuse por un plato de lentellas"

Na súa opinión, a chegada de Feijoo ó poder foi determinante para o retroceso do galego. "Nas primeiras eleccións nas que chegou o PP ó poder, o galego vendeuse por un plato de lentellas, toda esa historia de Galicia Bilingüe, na que a final a propia administración tampouco se sentiu a gusto, pero que nos levou ata aquí".

Freixanes mostra a súa preocupación pola perda de galego-falantes. "A nós o que nos preocupa é o que pasa coa xente nova, aí é onde temos que analizar o galego porque é o futuro do idioma e do país, e aí o uso da lingua galega mermou de forma preocupante na última década".

"O traslado da Galicia rural á Galicia urbana, que teñen que ver cunha sociedade diferente, é un dato moi importante para entender qué pasa coa lingua galega que sempre estivo moi instalada no rural", asegura o académico.

Reclama máis recursos, "son necesario cartos, recursos, pero non abonda con iso, hai que crear espazos de consenso social" e asegura que "temos que instalar o discurso da lingua galega no discurso da modernidade, a batalla do prestixio creo que o idioma a ten gañada, o problemas son os espazos de uso, que non sexa só unha asignatura na escola".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00