É a Festa das Letras
Diversas actividades celebran as letras galegas e enxalzan a figura de María Victoria Moreno
A Coruña
A partir das doce do mediodía organízase unha lectura pública con motivo do Día das Letras Galegas, por terceiro ano consecutivo desde o balcón do Pazo de María. A cidadanía poderá escoitar a obra de Victoria Moreno, escritora e docente agasallada este ano.
20 librerías desenrolan actos con motivo do Día Das letras. Parte delas permanecen abertas no día festivo e outras fan actividades toda a fin de semana. A librería Suevia, no Agra do Orzán, organiza o venres as seis da tarde outro contacontos con animais como protagonistas. O sábado El Faro de los Tres Mundos a lectura de A horta de Simón ás 17.30 horas. Cascanueces acollerá ás 12.00 horas a presentación de Camiños de Magín Blanco, mentres que a libraría Sueños de papel contará con Trinke Trinke Teatro a mediodía.
No Sporting Club Casino, lerase Can branco, can negro. O conto da homenaxeada no festexo a partir das oito da tarde. Haberá actuación da Coral Polifónica do Casino, e unha charla sobre María Victoria Moreno con obradoiro matinal para os mais pequenos.