Novo desprazamento para afección da U.D.Ourense
A U.D. Ourense, organiza o desprazamento este domingo o estadio do Erizana. O clube pon a disposición dos afeccionados un autobús

A U.D. Ourense, organiza o desprazamento deste próximo domingo o estadio do Erizana, co obxetivo de encher o Arcal. O clube pon a disposición dos afeccionados un autobús / Yedra Seara

Ourense
A Unión Deportiva Ourense, organiza o desprazamento deste próximo domingo día 13 de maio, o estadio do Erizana. O clube pon a disposición dos afeccionados un autobús con entrada para o encontro o prezo de 15 euros.
Tralo vivido en Moaña fai case 15 días, con 400 afeccionados vermellos na frada e seguindo a tónica xeral de desprazamentos masivos dos siareiros, a U.D. Ourense decidiu motivar unha vez máis, os afeccionados co obxetivo de encher o Aral de ourensás.
O partido fronte o Erizana é unha das tres finais que restan para resolver o futuro deportivo do conxunto vermello e acadar o ansiado ascensoa terceira división. Polo que dende o clube queren animar os siareiros o partido do domingo.
Con este motivo, o clube pon a disposición, dos siareiros que así o desexen, a posibilidade de viaxar en autobús ata Baiona, con regreso o remate do encontro.
O pack para o encontro consta de viaxe e entrada para o partido o prezo de 15 euros. O autobus sairá as 15.45 horas do domingo do estadio de O Couto.