"Cuns cantos profesores por banda, vento en popa e a toda mecha…"
Os mestres do Conservatorio acheganse aos coles para promocionalo
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/WONCSGTKPNNPTPNA5AEJX3R6R4.jpg?auth=86ad95f6b9ad206204f0badd02e8b41a1465919a40aa75b5ab19d49d86e98ded&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Conservatorio de Música de Ourense / Google Maps
![Conservatorio de Música de Ourense](https://cadenaser.com/resizer/v2/WONCSGTKPNNPTPNA5AEJX3R6R4.jpg?auth=86ad95f6b9ad206204f0badd02e8b41a1465919a40aa75b5ab19d49d86e98ded)
Ourense
"Cuns cantos profesores por banda, vento en popa e a toda mecha…". Baixo este lema surde a promoción do Conservatorio de Música cidade a través. ¿De qué Maneira? Xa dende abril e tamén hoxe e e mañá profesores deste espazo están visitando colexios de Ourense para achegar o seu traballo aos rapaces e rapazas. Xa nos primeiros días desta actividade, martes e mércores da pasada semana, chegaron a máis de 600 escolares, con idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos.
O teñen claro: As sorpresas no poden rematar ainda e tanto hoxe como maña dende un indio, a unha pantera, pasando por algún pirata ou mesmo Mary Poppins poden invadir calquera cole e en calquera momento.
A finalidade e dar a coñecer o conservatorio e máis agora que os días 22 e 24 deste mes de maio, as 6 da tarde, terán lugar as Xornadas de Portas Abertas. O único preciso para acudir e facer unha inscición previa do 7 ao 15. Nesta actividade haberá: Visita guiada polo centro e concerto presentación de instrumentos e sesións teórico-prácticas en 4 grupos, eso xa os días 5, 6 e 7 de xuño.