Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

GUERRA ARANCELARIALa UE responde a los aranceles de EEUU al acero y aluminio con contramedidas “rápidas y proporcionadas”

Deportes
XIMNASIA

Tres conxuntos do pavillón na copa de España

Tres conxuntos do club ximnasia Pavillón participaron na primeira fase da Copa de España de conxuntos

Tres conxuntos do Club Ximnasia Pavillón participaron na primeira fase da Copa da RaÍña de conxuntos / Club Ximnasia Pavillón

Tres conxuntos do Club Ximnasia Pavillón participaron na primeira fase da Copa da RaÍña de conxuntos

Ourense

O sábado día 3 de marzo,tiveron lugar en Pontevedra o Campionato Galego Individual de Base e os controis clasificatorios para a Copa de España de conxuntos tanto a nivel base como absoluto e control para participación no Nacional da Xuventude.

A escuadra pavillonista participaba no Campionato Galego de Base con unha ximnasta e no control de conxuntos de nivel absoluto con catro conxuntos (un alevín, dous junior e un senior).

O primeiro control foi o de conxuntos absoluto, no que as pavillonistas foron as máis representadas. As alevíns (Candela, Noa, Mariña, María, Paula e Laura) mostraron o seu exercicio con moita naturalidade e destreza a pesares de ser o seu primeiro ano con aparato, neste caso pelota.

A categoría junior, con cinco cintas, foi a máis forte á hora de pasar este control. Eran catro clubes fortes(Maniotas, Acordes, Escola Pavillón e Ximnasia Pavillón) os que presentaban conxuntos para este control, sendo só dous (os que ocupasen as dúas primeiras prazas) os que terían dereito á participación nesta primeira fase da Copa de España.As ximnastas do Club Ximnasia Pavillón Ourense (Sabela, María, Rebeca, Paula, Sara e Lucía) tiveron a mellor nota dos catro conxuntos galegos, con claridade.

O conxunto senior (Candela, Lorena, Paula, Lidia, e Uxía) realizaron un exercicio de mazas moi vistoso e con moito risco, que pechou o control.

Os tres equipos do Club Ximnasia Pavillón Ourense (alevín, junior e senior) participarán pois na primeira Fase da Copa de España que se desenvolverá en Guadalajara o 22 de abril.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir