O museo municipal pechado
Os traballos de instalación dun ascensor panorámico que conectará os dous andares e a pranta principal comezaron
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/U2UZEZACAVNNROTRBKY4KFIER4.jpg?auth=f4f0e8b2bb86ff66c2812456d8ff570fce035876fd27011ba975232cd0c14894&quality=70&width=650&height=365&smart=true)
Os traballos de instalación dun ascensor panorámico que conectará os dous andares e a pranta principal comezaron / Concello de Ourense
![Os traballos de instalación dun ascensor panorámico que conectará os dous andares e a pranta principal comezaron](https://cadenaser.com/resizer/v2/U2UZEZACAVNNROTRBKY4KFIER4.jpg?auth=f4f0e8b2bb86ff66c2812456d8ff570fce035876fd27011ba975232cd0c14894)
Ourense
Os traballos de instalación dun ascensor panorámico -que conectará os dous andares do museo e a pranta principal- comezaron onte e teñen un prazo de execución de 6 meses. O orzamento de execución é de 57.942,04 euros, incluíndo nel o custe da dirección e coordinación das obras. Trátase dunha obra moi importante para paliar a carencia en materia de accesibilidade que tiña este recinto expositivo municipal. De feito, a pranta principal sí que estaba adaptada con rampas de acceso, faltando precisamente un acceso axeitado aos dous andares superiores do edificio. Coa instalación do ascensor, quedará subsanada esta eiva.
“Con esta obra damos resposta e solución a unha demanda moi necesaria que nos transmitía a sociedade ourensá desde hai anos coa accesibilidade nun dos espazos expositivos e culturais máis singulares da nosa cidade. Seguimos traballando e dando pasos para convertir a Ourense nunha cidade accesible, cómoda e sen barreiras”, sinala o alcalde, Jesús Vázquez.
Durante os seis meses que duren os traballos, o Museo Municipal permanecerá pechado ao público. Neste período tamén se aproveitará para acometer melloras na instalación eléctrica do inmoble e pequenos arranxos.