Máis de 25.000 persoas visitaron o Mercado de Nadal
O primeiro pOpUp Market foi unha das actividades máis exitosas das festas na cidade

O primeiro pOpUp Market foi unha das actividades máis exitosas das festas na cidade / Concello de Ourense

Ourense
A primeira edición do pOpUp Market de Nadal do Concello de Ourense a través da Concellería de Xuventude (21 a 24 de decembro) converteuse nunha das actividades máis participativas e exitosas das festas de Nadal na cidade, tras recibir a visita de máis de 25.000 persoas ao longo dos catro días. O innovador mercado de Nadal deu a oportunidade a 48 emprendedores ourensáns de promocionar e comercializar os seus produtos, achegou ao público ourensán concertos, obradoiros, charlas e outras actividades para nenos e adultos nunha experiencia pioneira que enriqueceu a oferta de lecer da cidade durante as festas de Nadal
O espazo utilizado foi unha espectacular carpa transparente en formato iglú cunha superficie total de máis de 1.000 metros cadrados, instalada no paseo central da Alameda, que o converte no mercado navideño en formato pop up store máis grande levado a cabo en Galicia ata o momento.
Participaron 48 expositores entre as tres zonas: "pop up stores", mercado gastronómico "Sabores de Nadal", e zona de restauración "Ourense Street Food". Nalgúns espazos como o de trendON.me (unha plataforma online de novos deseñadores) puxéronse á venda as propostas de 13 deseñadores e deseñadoras menores de 41 anos.
En total, 40 dos expositores eran menores de 41 anos, e os outros 8 son ourensáns ou desenvolve na súa actividade en Ourense.
A afluencia de público foi masiva desde o propio día da inauguración ata la clausura del evento, chegando a máis de 25.000 visitantes ao longo dos 4 días.
Todos os participantes valoraron moi positivamente a experiencia, e a organización, destacando a beleza do espazo e as actividades paralelas para todos os públicos, así como o volume de vendas que -aseguran- superou as expectativas iniciais. Isto se traduce no desexo transmitido polos participantes de repetir en futuras edicións, nas que tamén amosaron intereses máis emprendedores.
Estes foron os expositores:
trendON.me, DOPRA, Vai Vai Mr. Can, Dr. Oso, Punto e Coma, The Divine Shop, Isaura & Amanda, Lulabi Handmade Flowers, Elvet Difusión, Ela Artesanía, Bangus by Julia, Benjor Discos de Vinilo, La Indiana Antigüedades, Rincón Divino, Castañam, Ganadería Balín, Siete Pecados, Gran Colmado, Lambonarte, A Bufarda Xoguetería, Nenoos, Mágicos Gagarin, Yo No Fui, Paseloqpase, Luis Godoy Vidrio Gabrado, EcoVela, Lalè & Mamaié, Patridifusa, La Estación de Loman, Mister Dabadá Casual Food, Amencer e Nico.
Catorce deles teñen tenda física na cidade, outros 5 son empresarios ourensáns con tenda física noutros lugares como A Coruña, Vigo o Allariz. Artesáns que venden de xeito ambulante, empresas con distribución a través de terceiros e a venda online son as fórmulas actuais de venda do resto de expositores.
23 actividades paralelas
Entre as 23 actividades paralelas cabe destacar o programa "EUREKA! Eu emprendo”, os obradoiros infantís educativos durante a mañá e a tarde dos 4 días (algún deles tan espectacular, como a reprodución en tamaño xigante das Burgas, e os 6 concertos de grupos ou artistas de Ourense: En Mala hora, Connectica, McCarballo Band, Hombre-p, The Super Aphonics e The Tetas' Van.