O Mundo Máxico de Pinocho en Ourense
Cadena Dial Ourense presenta ¨ O Mundo Máxico de Pinocho¨, o novo musical dos creadores de ¨Caperuchiña Vermella¨ e ¨Os tres porquiños ¨, no Auditorio Municipal de Ourense, o domingo día 8 de xaneiro as 18.00 horas.Un musical máxico para toda a familia.

Educa Teatro Producións volve percorrer Galicia renovando os clásicos da literatura infantil, desta volta, con ´O Mundo Máxico de Pinocho ´. Domingo día 8 de xaneiro, Auditorio Municipal de Ourense, as 18:00 horas. / Educa Teatro producións

Ourense
Cadena Dial Ourense presenta ¨ O Mundo Máxico de Pinocho, ¨ donde público atoparasé cunha curiosa adaptación ao teatro musical do clásico de Carla Callodi: Unha historia contada a través dos ollos de Pepiño Grilo, que xunto ca Fada Mimadriña, Raposo e Gato acompañará a Pinocho no camiño de convertirse nun neno de verdade.
Un camiño que comeza no taller de Gepetto, e que pasará pola escola, por un circo de monicreques onde un malvado titiriteiro intentará raptalo e ata pola a barriga dun peixe xigante. Todo para que o protagonista aprenda que dicir mentiras ten as súas consecuencias.
Tralos éxitos acadados cos musicais de `Os tres porquiños` e `Caperuchiña Vermella´, EducaTeatro Producións volve percorrer Galicia renovando os clásicos da literatura infantil, desta volta con `O Mundo máxico de Pinocho ´no Auditorio Municipal de Ourense, o domingo día 8 de xaneiro desde as 18.00horas.