O Burela FS quere facer historia en Canarias
Golearon ós canarios o pasado sábado en Liga e queren repetir este mércores ás 21 horas (hora peninsular)

Gran Canaria FS

Lugo
O Pescados Rubén-Burela FS saltará este mércores á pista do Centro Insular de Deportes de Gran Canaria ás 20.00 horas (hora local) coñecendo xa a identidade de tres dos protagonistas de semifinais de Copa do Rei, que se decidirán este martes en cuartos entre Valdepeñas FS-Magna Gurpea, Levante UDDM-Jaén Paraíso Interior e Catgas Enería-ElPozo Murcia.
“Agardamos entrar na historia do club: unha vitoria ante Gran Canaria FS daríanos a grande oportunidade do Pescados Rubén de entrar en semifinais”, explicaba entusiasmado Raúl García, Cuco.
“Son competicións diferentes e o resultado do sábado non vai influír, aínda que ogallá a vitoria volva caer do noso lado”, ansiaba o 21 laranxa, un dos estandartes rematadores do partido de liga fronte aos insulares hai tan só tres días (4-10), xunto a Iago Míguez, Matamoros e Isi.
“O importante é que gañe o equipo, a autoría dos goles é anecdótica. Moitas veces axúdase igual, ata máis, doutras formas aínda que non haxa goles” restaba así relevancia ao seu acerto de cara a portería a ala madrileño.
O Burela FS quere facer historia en Canarias
04:30
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
“Non estamos afeitos a estar tantos días concentrados e faise un pouco tedioso, pero tentamos compensalo coa mentalidade de competición.