A Deputación de Ourense convoca as axudas ao deporte 2017
A institución provincial destina un presuposto total de 640.000euros para diferentes modalidades
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/3KFFRNFO65ICXPFVAEWBPB7A3Q.jpg?auth=3f0a75dff19ef2161cf212d67ebaa09dbbc18b6204a775f805e11b31c8e5daba&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
A Deputación de Ourense Convoca as Axudas ao Deporte 2017, destinadas a clubs deportistas, concellos, entidades e torneos / Deputación Provincial Ourense
![A Deputación de Ourense Convoca as Axudas ao Deporte 2017, destinadas a clubs deportistas, concellos, entidades e torneos](https://cadenaser.com/resizer/v2/3KFFRNFO65ICXPFVAEWBPB7A3Q.jpg?auth=3f0a75dff19ef2161cf212d67ebaa09dbbc18b6204a775f805e11b31c8e5daba)
Ourense
O Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP) publicou as bases reguladoras para as convocatorias de axudas en materia deportiva para o exercicio 2017 que convoca a Deputación de Ourense. En total, a institución provincial destina un presuposto de 640.000 euros para diferentes modalidades.
En cato ás bases reguladoras correspondentes a clubs deportivos de Ourense teñen como finalidade financiar parcialmente os gastos que se derivan da súa participación na competición deportiva durante a tempada 2016-2017, Os beneficiarios destas axudas deberán cumprir os requesitos de : estar inscritos nos rexistros deportivos correspondentes da Xunta de Galicia, ter o seu domicilio social na provincia de Ourense, participar na tempada 2016-2017 en competicións oficiais convocadas polas súas respectivas federacións, e posuír, polo menos, un equipo de base de acredito.
A contía máxima estimada para esta convocatoria é de 400.000 euros, sendo as axudas por cada beneficiario dun importe máximo de 24.000 euros. O prazo para presentar as solicitudes rematarán o 20 de decembro de 2016.