Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

As obras do Centro Interxeracional marchan a bo ritmo

Un centro que está a construir a Fundación Amancio Ortega en Mariñamansa

Un centro que está a construir a Fundación Amancio Ortega en Mariñamansa / Concello de Ourense

Un centro que está a construir a Fundación Amancio Ortega en Mariñamansa

Ourense

As obras do Centro Interxeracional que está a construir a Fundación Amancio Ortega en Mariñamansa marchan a bo ritmo, onde xa na parcela se comeza a vislumbrar a estructura do futuro edificio, que contará con equipamento para escola infantil de 6 unidades e centro de formación e aprendizaxe para persoas maiores na rúa Ramón Abellás. Un dos proxectos máis singulares e importantes da cidade que financiará íntegramente a Fundación Amancio Ortega. O proxecto está redactado polo arquitecto Rafael Pier Romero.

Será un centro pioneiro, que albergará nun mesmo contorno unha escola infantil, que estará integrada dentro da Rede de Escolas Infantís de Galicia, e un centro para persoas maiores para a promoción da autonomía persoal e a prevención da dependencia.

Ubicarase na rúa Ramón Abellás, en terreos achegados polo Concello, cunha superficie total de 4.480,80 metros cadrados,

A escola infantil estará dotada de seis aulas, espazos de usos múltiples, comedor, baños e vestiario adaptado, zona de cociña e despensa, almacén e patio propio, entre outros.

E o centro para persoas maiores estará equipado con seis salas para actividades, convivencia e usos múltiples; aseos e vestiario adaptado, sala de curas, lavandería, comedor e patio.

A Fundación Amancio Ortega financiará a construción destes equipamentos, que serán de titularidade da administración autonómica, e, polo tanto, terán carácter público.

Mais o máis importante deste proxecto e o seu carácter innovador. Nace coa vocación de prestar un novo servizo da máxima calidade para nenos e maiores, e as súas familias, pero tamén dun xeito pioneiro poñer en relación e conexión directa aos usuarios de ambos os edificios: escola infantil e centro de adultos.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir