Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O concello sacará nove novas prazas de bombeiros

Ademais invirte 46.500 euros en obras para reparación e acondicionamento do Parque

Ademais invirte 46.500 euros en obras para reparación e acondicionamento do Parque / Concello de Ourense

Ademais invirte 46.500 euros en obras para reparación e acondicionamento do Parque

Ourense

O Concello de Ourense leva invertido durante este ano 46.534,04 euros en obras de reparación, mellora e acondicionamento do Parque de Bombeiros. Este gasto foi realizado con cargo á Concellería de Servizos Xerais e consistiu na substitución e reposición de novas butacas instaladas na sala de descanso, en obras de acondicionamento e melloras interiores nas instalacións do edificio de bombeiros e en distintas reparacións de fontanería acometidas nos vestiarios do Parque de Bombeiros. Todas estas obras realizáronse e estanse a realizar en virtude das solicitudes deste servizo municipal.

Así foi exposto nunha reunión con mandos e representantes do Corpo de Bombeiros na que participaron o alcalde, Jesús Vázquez; o concelleiro de Seguridade Cidadá, Carlos Campos; e o edil de Servizos Xerais, Jorge Pumar.

Neste encontro, expuxéronse as necesidades do servizo, nas que destacan as de personal. A este respecto, púxose de manifesto que o Concello está en disposición de sacar á Oferta de Emprego Público sete prazas, máis outras dúas por vacantes (xubilacións). En total, 9 novas prazas de bombeiros.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir