As forzas e corpos de seguridade intensificarán a vixiancia
Así quedou de manifesto nunha reunión mantida na Alcaldía
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/V5OK7YMS6RJ55GCAPVTUJ5YNTI.jpg?auth=d21a8f7eb848822e09698055b28fb96ab0361df8ac9d28ea5a2575029723ae9b&quality=70&width=650&height=365&smart=true)
Así quedou de manifesto nunha reunión mantida na Alcaldía / Concello de Ourense
![Así quedou de manifesto nunha reunión mantida na Alcaldía](https://cadenaser.com/resizer/v2/V5OK7YMS6RJ55GCAPVTUJ5YNTI.jpg?auth=d21a8f7eb848822e09698055b28fb96ab0361df8ac9d28ea5a2575029723ae9b)
Ourense
As forzas e corpos de seguridade intensificarán e coordinarán a vixiancia que xa veñen realizando con regularidade en zonas nas que se rexistran queixas reiteradas por parte dos veciños da cidade.
Así quedou de manifesto nunha reunión mantida a petición da Alcaldía, na que estiveron presentes o alcalde, Jesús Vázquez; o subdelegado do Goberno, Roberto Castro; o comisario provincial do Corpo Nacional de Policía, Antonio Álvarez Valencia; a intendente xefe da Policía Local, María Barrera; e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Carlos Campos.
Neste encontro de traballo fixáronse tres zonas de especial interese para intensificar esa vixiancia, dadas as queixas veciñais transmitidas: o parque infantil da rúa Concello, a Alameda e o Xardín do Posío. Ademais, tamén se avaliaron as actuacións levadas a cabo nestas zonas, así como as chamadas de veciños recibidas ao respecto.
Aparte de fixar esta coordinación e intensificar a vixiancia, na reunión tamén se estableceu que esta reunión producirase cada mes para avaliar a evolución da mesma.