Paco Nieto inaugurou o San Froilán 2016 cun pregón cheo de recordos de Lugo
O xornalista de Radio Lugo tamén pediu que se coide a Banda de Música e se recoñezan as figuras de Pelúdez e Filomena, Jesús de Sargadelos, Rafael Villanueva, Isidro Novo, ou Fuxan os Ventos

Fogos artificiais no San Froilán 2016 / Facebook San Froilán

Lugo
O xornalista de Radio Lugo, Paco Nieto, deu o pistoletazo de saída, coa lectura do pregón, ao San Froilán 2016. Nieto fixo un repaso polas figuras senlleiras do Lugo histórico, así como polas realidades sociais da cidade. Ademáis, fixo un guiño á conexión da capital da provincia co mundo rural e tamén se lembrou, entre outras, de todas as persoas que traballan nos distintos postos e espectáculos das festas.
Más información
No seu pregón Paco Nieto tamén tivo tempo para facer reclamacións para un recoñecemento a distintas persoas simbólicas de Lugo, así como para a recuperación e posta en valor de algunhas actividades culturais.

Paco Nieto ao comezo do seu pregón no San Froilán 2016 / Lugo.gal

Paco Nieto ao comezo do seu pregón no San Froilán 2016 / Lugo.gal
- Pregón do San Froilán 2016