Boa imaxe do CD Castro no seu debut en Terceira pese a derrota
Logo dunha boa primeira metade, os de Iván Lamas acabaron cedendo ante o empuxe do equipo local
Lugo
O CD Castro regresou de baleiro de o Morrazo. E non foi por non tentalo, sobre todo nunha gran primeira metade. De feito, os pupilos de Iván Lamas sorprenderon ao rival durante a primeira media hora. Unha aposta polo fútbol combinativo e vistoso que meteu en serios apuros ao Alondras. Máis aínda co gol de Héctor aos vinte minutos de xogo, nun bon remate do xogador sarriano. O cadro vermello perdoou a sentencia antes do descanso.
- FICHA TÉCNICA
Xa é sabido que quen perdoa o acaba pagando. E o Alondras mostrou a súa categoría na segunda metade. Joni igualou cun soberbio disparo nada máis entrar ao campo. Mauro firmou a remontada nunha magníica acción individual. Aínda así o Castro nunca lle perdeu a cara ao encontro e tentouno con todas as súas forzas nos últimos minutos. Para iso tivo que variar o plan inicial. Apostou polo fútbol máis directo, no que se impuxeron os corpulentos centrais do cadro do Morrazo.
Ao final, excesivo castigo para o debut do Castro na Terceira División.