Ourense protagonista da ¨ Vuelta 2016 ¨
2.500 persoas que integran a caravana da ¨Vuelta 2016¨ acredítanse en Ourense

Fernando Escartín, Javier Guillén, Manuel Baltar y José Manuel Rodríguez, visitando las instalaciones de prensa de la Vuelta Ciclista a España 2016, en el Pazo Paco Paz. / Deputación de Ourense

Ourense
As cifras desta edición da ¨ Vuelta,¨coa provincia de Ourense como protagonista, prodiciu un cheo dos establecementos hoteleiros de Ourense: 198 corredores e máis de 500 persoas de apoio deportivo dos 22 equipos, sumados ás 2.000 persoas acredítadas, entre xornalistas persoal de apoio e de organización, seguridade e medios.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director xeral de Unipublic da ¨Vuelta a España ¨, Javier Guillén, viistaron as instalacións da Oficina Permanente da proba ciclista, situada no Pazo Paco Paz.
Baltar e Guillén percorreron as instalacións, que abranguen espazos dedicados á xestión de acreditacións, organización, salas de reunións e prensa , e posteriormente valoraron diante dos medios de comunicación os preparativos que es están a realizar para que a primeira das etapas, unha contrarreloxo por equipos, de 29 quilómetros, entre o balneario eo Parque Náutico de Castrelo de Miño.