18F Elecciones Galicia Elecciones Galicia

Resultados Pactos
Actualidad
ELECCIÓNS 25-S

Luís Villares: “Para nós o país será unha gran familia, non a gran empresa da que fala Feijóo”

O maxistrado lucense quixo simbolizar ao presentarse por Lugo que o seu proxecto non deixa a ninguén atrás e tamén evidenciar no político o carácter solidario do pobo galego

Luis Villares, candidato de En Marea á presidencia da Xunta / En Marea

Luis Villares, candidato de En Marea á presidencia da Xunta

Lugo

O candidato á presidencia da Xunta de En Marea, Luís Villares, apunta que o obxectivo é "disputarlle a hexemonía política ao PP". Villares apunta que "din un paso adiante porque no xudicial había medidas que non podía executar, porque o meu traballo era facer cumplir a lei. Dinme conta de que o que había que facer era cambiar as leis", porque non son as axeitadas.

Luís Villares decidiuse pola Marea Galega porque "entendo a sociedade galega en chave de país e de unidade", con "vinculos de solidaridade entre todos, independentemente do lugar de residencia no país". Villares di que cando se fala dun proxecto en chave nacional para Galicia "é porque hai un vínculo entre país e cidadanía, porque entendemos o país como unha gran familia, non como unha gran empresa, como di Núñez Feijóo".

O maxistrado lucense apuntou que existen nas primarias de En Marea varias listas por provincia para completar as candidaturas pola "complexidade do proceso". Luís Villares concurrirá como candidato pola provincia de Lugo ás eleccións para visibilizar un proxecto de "solidaridade territorial", independentemente do lugar onde se resida en Galicia.

Luís Villares, candidato de En Marea á presidencia da Xunta (13/08/2016)

10:38

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00