Villares encabezará a lista da Marea por Lugo para simbolizar que ningunha provincia quedará atrás en Galicia
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/EKJJGDO4SRIBTDE6MHZMUEQ55A.jpg?auth=924a3634488f84eadc4e693a21121172efa30369683ab89669bcf38c0e54a44c&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Luís Villares, precandidato da Marea / Nune Pampín
![Luís Villares, precandidato da Marea](https://cadenaser.com/resizer/v2/EKJJGDO4SRIBTDE6MHZMUEQ55A.jpg?auth=924a3634488f84eadc4e693a21121172efa30369683ab89669bcf38c0e54a44c)
Lugo
Luís Villares encabezará a lista da Marea por Lugo. O único candidato presentado ata o de agora ás primarias de En Marea decidiu apostar por liderar a candidatura da súa provincia polos estreitos vínculos que o unen coa cidade e coas comarcas lucenses.
Villares lembrou que o seu pai naceu en Baralla e el desenvolveu o seu traballo como xuez na localidade da Fonsagrada. O maxistrado apuntou que a súa elección ten un carácter simbólico, para representar dende o ámbito electoral que "ningunha provincia vai quedar atrás" na Galicia do futuro. Villares apunta que o proxecto que encabeza buscará "unha Galicia solidaria entre o interior e a costa, e as comarcas máis poboadas e as menos".