Música, cinema e gastronomía na IX edición do Festival das Artes Escénicas de Riós
A organización este ano entregará a Castaña de Cristal a artista, Susana Seivane

No Centro Cultural Marcos Valcarcel, presentouse a IX do Festival das Artes Escénicas de Riós / Deputación Provincial Ourense

Ourense
A IX edición do Festival das Artes Escénicas Abelardo Gabriel de Riós, mesturará música, cinema e gastronomía durante os días 13 e 14 de agosto no Souto de Castiñeiros de Riós, onde este ano entregarán a Castaña de Cristal á artista, Susana Seivane.
Paralelamente ao festival celebraranse unhas xornadas de convivencia creativa " Ruralizarte" que achegarán distintos artistas como Emilio Rúa, Tania Fuegho, Miguel Guido, e Rubén Riós, a dez mozos e mozas de entre 12 e 17 anos, co fin de promover e desenvolver a súa intelixencia emocional e capacidades artísticas, nas distintas disciplinas das artes escénicas, creando conxuntamente cos artistas, unha canción e actuación, relacionada coas problemáticas actuais do rural, que será presentada o domingo, 14 de agosto no marco do festival.