A FGF sortea os calendarios da Preferente, 1ª Autonómica e o fútbol feminino
A Preferente comezará o 28 de agosto, a Primeira o 4 de setembro e o fútbol feminino o 11
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/CEA2MRAMHZP7DPVSUROY7DK2JQ.jpg?auth=61287627abf792ea45efde8e48513b434d84ea9b205d3a27bd438935380f5e95&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Sorteo dos calendarios do fútbol galego / FGF
![Sorteo dos calendarios do fútbol galego](https://cadenaser.com/resizer/v2/CEA2MRAMHZP7DPVSUROY7DK2JQ.jpg?auth=61287627abf792ea45efde8e48513b434d84ea9b205d3a27bd438935380f5e95)
A Federación Galega de Fútbol sorteou este xoves os calendarios da Preferente Autonómica Norte, o grupo lucense da Primeira Autonómica e a Primeira e Segunda División Feminina.
Na Preferente, que comezará o 29 de agosto, compiten 7 equipos lucenses: O Viveiro comezará o campionato recibindo ao Arzúa, o Lemos, recibe na primeira xornada ao Spórting Sada, o Polvorín (CD Lugo B), recibe ao Xallas, a Sarriana ao Arteixo e a SD Chantada, que tamén xoga no Sangoñedo co Noia. Ribadeo FC e Atlético Escairón enfrontanse nesta primeira data no Pepe Barrera no que será o primeiro derbi do campionato.
Más información
Na Primeira Autonómica lucense, a principal categoría do fútbol a nivel provincial, a liga comeza o 4 de setembro cos seguintes encontros: Chantada Atlético - Bóveda, Pastoricense - Residencia, Foz - Páramo, Antas - Burela, San Ciprián - Chantada B, Xove-Lago - Monterroso, Milagrosa - Valadouro, Outeiro de Rei - Santaballés e Riotorto - Taboada.
Na Primeira División Feminina, o representante lucense, a SCD Milagrosa, comeza o campionato o 11 de setembro recibindo na casa ao Xuventú de Aguiño. Na Segunda División Feminina, na que milita a SD Antas, o club ulloán visita nesa mesma data ao CD Calasanz.