Vicente Docasar: “Estou moi decepcionado co PSdeG”
O parlamentario autonómico expresa o seu malestar ante as decisións do partido trala marcha de Gómez Besteiro
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/AMLAUISTW5NNZD3INHWL42UFPI.jpg?auth=2d27b3a576c7e6160567094643fb3b2876365649ee6425e5925d75b65f5bedf8&quality=70&width=650&height=365&smart=true)
Vicente Docasar / PSdeG PSOE
![Vicente Docasar](https://cadenaser.com/resizer/v2/AMLAUISTW5NNZD3INHWL42UFPI.jpg?auth=2d27b3a576c7e6160567094643fb3b2876365649ee6425e5925d75b65f5bedf8)
Lugo
O parlamentario autonómico do PSdeG por Lugo, Vicente Docasar, anunciou que renuncia a volver ir nas listas socialistas ao Parlamento de Galicia e que regresará ao seu traballo no ensino secundario en Monforte de Lemos.
Nunha entrevista en Hora 14 Lugo, do sábado 23 de xullo, non escondeu que marcha "moi decepcionado" porque "un traballou coa maior honradez que pode, dedicándose en corpo e alma e despois hai cousas que non me gustan", apuntou.
"Parece que as primarias se organizan para darlle ao partido vida e democracia e logo na práctica convértense nunha caza de bruxas, nunhas purgas enormes", lamentou.
Vicente Docasar, deputado do PSdeG no Parlamento de Galicia (23/07/2016)
09:04
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles