As prebenxamíns do pavillón campionas galegas
No pavillón dos Remedios disputouse o campionato galego e memorial Antonio Prada de Ximnasia Rítmica de Promoción
Ourense
No Paviilón dos Remedios celebrouse o Campionato Galego de Ximansia Rítmica de promoción memorial Antonio Prada. A competición desenvolveuse en dúas sesións:
1-Na sesión da maña disputouse a competición individual pnde o Club Ximnasia Paviilón competía con tres prebenxamíns e unha aleviín. As individuas destacaron na execución dos seus exercicios acabando podio as tres:
1ª-Noa Codeso Pacios
2ª- Candela Chaparro Gómez
3ª- María Pereira
2- Na sesión da tarde tivo lugar a competición de conxuntos onde o Club Pavillón presentaba 3:
1-Conxunto Pre-Benxamín (composto por Mariña, Candela, Laura, Claudia, Maria e Noa). Primeira clasificada na sua categoría.
1-Conxunto Alevín (Yaiza, Emma González, Emma Blanco, Laura Montero, Paula Fernández, Carla e Elia )
1-Conxunto Infantil (Xiana, Leire, María, Laura, Carla, Marta e Uxía).
O conxunto Prebenxamín despois dun excelente exercicio, nunha competición de moito nivel, obtivo un 8,65 que o elevaron ao mais alto podio seguidas do Club Acorde e Club Maniotas.
As alevíns e Infantís fixeron tamén un gran papel, pero algúns fallos pasaronlle factura nun campionato onde o nivel competitivo cada ano é mais alto.
A seguinte cita da Ximnasia Rítmica terá lugar en Guadalajara, no Nacional entre o 23 e 26 de xuño, onde o Club Ximansia do Pavillón estará presente.