Muimenta e Guitiriz serán as sedes da XXXIII Copa Deputación

Deputación de Lugo

Lugo
O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, acompañado do Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Carlos Méndez “Negrín”, e a Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, o Presidente do CF Muimenta e os representantes das equipas finalistas, anunciaron este xoves no Salón de Actos da Deputación que Muimenta e Guitiriz serán as sedes que albergarán as finais da XXXIII Copa Deputación de Fútbol.
O campo de fútbol O Pichón, de Muimenta acollerá este domingo ás 18:00 horas a final da Copa Deputación de Fútbol Feminina que disputarán o S.C.D. Milagrosa e o Peluquería Mixta Friol, as 20:00 terá lugar a final dos clubs de categoría Preferente e Primeira Autonómica, e estará protagonizada polo Viveiro C.F. e a S.D.C. Residencia.
Finalmente, a final que atañe a Segunda e Terceira Áutonómica celebrarase no Campo de Fútbol Municipal Suso Cruz de Guitiriz, o sábado 25 de xuño ás 18:00, e os finalistas sairán dos enfrontamentos de semifinais que se resolverán durante esta fin de semana do 18 e 19, unha das eliminatorias dispútana o Riotorto e a Sarriana e a outra o Palas e o Monterroso B.
Antonio Veiga destacou que “antes desta final, participaron nas distintas fases previas máis de 80 clubs, o que supón preto de 2.000 deportistas" e adiantou que a Deputación reparte máis de 90.000 euros en premios”.
Os gañadores da Preferente e Primeira Autonómica e a equipa vencedora da categoría feminina recibirán 5.000 euros, por 4.000 dos subcampións, para a categoría de 2ª e 3ª Autonómica, os premios ao campión e subcampión ascenden a 4.000 e 3.000 euros relativamente.
Categorías bases
Paralelamente aos encontros de categoría afecionada, celebrouse a Copa Deputación Federada de Fútbol Base, as súas finais constan do seguinte calendario:
Categoría Xuvenil: CD Corgo - Viveiro CF (sábado 18, ás 17:30 horas no campo municipal A Reigosa de Friol) Categoría Cadete: SCD Milagrosa - Viveiro CF B (domingo 19, ás 12:00 nas Gándaras de Lugo) Categoría Infantil. SCD Milagrosa - SD Sarriana (sábado 18, ás 11:30 no municipal de Becerreá) Categoría Alevín: SDC Residencia - CD Lugo ( luns 20 ás 19:00 no campo municipal de A Cheda en Lugo) Final Consolación Alevín: AD Praia de Covas – Sagrado Corazón A ( domingo 19, ás 12:00 no campo municipal de Ás Gándaras de Lugo) Final Benxamín: CD Lugo – Escuela de Fútbol Viveiro (martes 21, 18:30 horas no Campo Anexo a Magdalena de Vilalba) Final Consolación de categoría Benxamín (sábado 18 as 18:00 no campo municipal de A Ribela en Sarria.