Economia y negocios | Actualidad
CULTURA

Noite de Afiadeiro

Por décimo ano consecutivo, celebrase este sábado 28 de maio en Ramirás, Noie de Fiadeiro

Cartel da décima edición Noites de Fiadeiro 2016 / Rebulir

Cartel da décima edición Noites de Fiadeiro 2016

Ourense

Por décimo ano consecutivo celebrarase en Ramirás a Noite de Fiadeiro. Esta festa nacío no 2007 con intención de recuperar a esencia dos antigos Fiadeiros da Comarca, aquelas reunións festivas de mozas e mozos que se xuntaban para bailar, tocar e cantar, e mocear. A organización da mesma está ao cargo da Asociación Cultural e Xuvenil Rebulir, co patrocinio do Concello de Ramirás, Deputación de Ourense, Abanca, Xunta de Galicia, Socitransa e a Productora Claqueta Coqueta; así como a colaboración de diferentes entidades e empresas.

Para este sábado 28 de maio a organización elaborou un programa de actividades para todas as idades, entre as cales se contemplan obradoiros, proxeccións, teatro de rúa, animacións, xogos, concertos...así como a xa tradicional mostra de artesanía e gastronomía con ducias de postos.

De novo retomaremos o Fiadeiro Cativo, onde participarán varias escolas de música tradicional chegarán a Vilavidal procedentes de todos os recunchos da xeografía galega para comenzar a actividade central, esto é a Noite de Fiadeiro.

Queremos recordar unha vez máis que non se trata dun festival ou mostra de música tradicional ou folclórica ao uso, senón que é unha festa que implica ao visitante na súa dinámica. Deste xeito, procúrase que se poda bailar, tocar, cantar, ou simplemente disfrutar do ambiente da noite tal e como se facía antano.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00