Economia y negocios | Actualidad

Ence patrocinará ao Teucro na vindeira tempada

Ence Energía y Celulosa e a Sociedade Deportiva Teucro están a ultimar os detalles polos que a empresa patrocinará ao primeiro club de balonmán da comarca o ano próximo

Cadena ser

Pontevedra

Ambas as partes mantiveron conversas nas últimas semanas e estímase que nos próximos días rubricarase definitivamente o acordo.

Para Ence, é unha satisfacción poder volver colaborar coa Sociedade Deportiva Teucro, e apoiar así o esforzo realizado nos últimos anos pola súa xunta directiva, os seus socios e todos os deportistas vencellados á entidade para devolverlle ao club ao lugar que lle corresponde no balonmán español.

Pola súa banda, o presidente do Teucro, Carlos García-Alén, sinalou que “o convenio con Ence permitiranos continuar consolidándonos como club despois dos esforzos realizados nas últimas tempadas”. García-Alén tamén lembrou que “Ence é un dos patrocinadores históricos do club. Para a SD Teucro, é un pracer contar co apoio dunha empresa tan decisiva na comarca como é ENCE comprometida co deporte da cidade e especialmente co balonmán”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00