Más deportes | Deportes
GIMNASIA RÍTMICA

Excelentes resultados do club pavillón no galego

Boa representación ourensá na Gimnasia Rítmica no campionato galego individual

Ourense

En Riazor celebrouse a segunda fase e definitiva do Campionato Galego Individual e de Clubs de ximnasia rítmica. A rítmica ourensá estaba representada por cinco equipos ( dous junior, dous infantís e un senior) e unha ximnasta absoluta(Nerea Sastre).

A categoría junior abriu a competición na xornada de mañán. Nesta categoría houbo unha gran colaboración entre os máis importantes clubs galegos para acadar a participación nacional.

O equipo pavillonista integrado por Lorena (aro e pelota), Candela Sierra (corda) e Paula do Olmo (mazas) xonseguiu o ouro, sendo segundo María Barbeito e terceiro Treboada(equipo no que a pavillonista Eva Rebollo sumaba a nota de aro)

O equipo do Ximnasia Pavillón B, integrado por unha ximnasta pavillonista(Uxía Fernández), unha ximnasta do Acordes, unha ximnasta do club Maniotas e outra do Esquío, foi cuarta clasificada.

Xa pola tarde, na categoría infantil, unha das dúas máis fortes da competición, xunto coa categoría alevín na que non había representación ourensá, con dez equipos en competición (dous pavillonistas, tres equipos do club Acordes, dous do Esquío, Maniotas María Barbeito e Treboada, o ximnasia Pavillón A integrado por Sabela Rodríguez (pelota), María Rodríguez(aro e cinta) e Lucía González(mazas) conseguiu alzarse coa prata, convertíndose así en subcampeón galega de clubs.

Na categoría senior, o equipo ourensá no que Nerea Sastre sumaba en aro, Ana Mangana en cinta, e Antía Vázquez en pelota, foi terceiro clasificado detrás do Esquío B. Nesta categoróa, ademáis, Nerea Sastre defendeu os exercicios de mazas e cinta no individual absoluto no que foi subcampiona galega, detrás de Laura Pena, do club Esquío.

Serán pois catro os equipos que representarán a Ourense en Gudalajara no mes de xunio. dous equipos junior,un infantil e un senior, ademáis da ximnasia absoluta Nerea Sastre cos tres aparatos(aro,cinta e mazas).

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00