Ourense, capital galega da ximnasia rítmica
Arredor de 400 ximnastas de 19 clubes galegos, participaron por oitavo ano consecutivo

Actuación das ximnastas do pavillón ourense, durante o torneo. / Montajes Irina

Ourense
Por oitavo ano consecutivo, tivo lugar o pasado fin de semana, na Cancha Central do Pavillón dos Remedios, unha competición que é xa emblemática na rítmica galega.
Arredor de 400 ximnastas, 19 clubes e unhas gradas a rebosar, foron testimuña na mañana no nivel promoción-base o que saltou ó tapiz, coas modalidades individual (tan só as cetegorías iniciación e prebenxamín) e conxuntos (prebenxamín, alevín, infantil e xuvenil).
As pavillonistas fixeronse con cinco ouros (tres deles en conxuntos), unha prata e un bronce.
Xa pola tarde, na competición individual de nivel absoluto, foron as categorías infantil, junior e senior, as que mostraron os exercicios cos que competirán o vindeiro domingo en Vigo para acadar unha praza para o nacional.
Nesta xornada de tarde, os pódiums caeron na súa maioria, nos clubes Acordes e Pavillón Ourense.
Cada unha das dúas xornadas contou con diversos exercicios de exhibicións e conxuntos escolares, grupos de ximnasia xeral e rematando cada unha delas con un espectacular exhibición de danza, coreografiada pola profesora de ballet do Club Ximansia Pavillón, Irina Lembergnova.