Aspnais homenaxea a Rosalía no seu aniversario
A Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo continúa coas visitas guiadas ás súas instalacións
Lugo
Este mércores conmemorouse o 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a autora da obra Cantares Gallegos, coa que se puxo fin aos Séculos Escuros da literatura galega.
A Asociación de Pais e Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspnais) e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) uniron forzas para render homenaxe a Rosalía.
- Recital
No marco das visitas guiadas que a primeira desenvolve nas últimas semanas no marco das accións do seu cincuenta aniversario, a AELG decidiu participar na de onte pola mañá dar lectura nas instalacións da asociación ao manifesto "Día de Rosalía". A música correu a cargo de Branca Villares e Pablo Pintor.