1. Podcast
  2. Actualidad

Matinal Galego Hoy por Hoy Lugo, 8.20

28/01/2022

Matinal Galego Hoy por Hoy Lugo, 8.20

12:13

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Sanidade comunica dous novos finados pola Covid na provincia de Lugo, una muller de 52 anos no hospital de Burela e un home de 92 en Monforte. Medran os casos activos en Lugo, con cen máis notificados onte que suman 6.710 contaxiados sete deles na UCI. A UGT denuncia a precariedade e a brecha salarial logo dos datos do paro da Enquisa de Poboación Activa correspondentes ao 2021. O primeiro premio do sorteo da lotería Nacional celebrado onte foi vendido na administración da Avenida da Coruña que fai esquina con Manuel María. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anunciou onte a posta en marcha dun acordo de colaboración entre á Garda Civil e o colexio oficial de Farmaceúticos de Lugo para reforzar a seguridade das persoas maiores. Os pensionistas e os xubilados de Lugo voltarán a rúa ás protestas o luns, neste caso pola "soberbia" dos bancos. Mulleres en Igualdade de Burela apuntan a un sospeitoso das grabacións da Maruxaina. Este fin de semana celebrarase no Pazo de Feiras una nova exposición canina onde participarán dous mil cans. O colectivo gandeiro Agromuralla non desiste da idea de convocar una folga de entrega de leite polos baixos prezos. O CD Lugo traspasa a Gerard Valentín ao Huesca por pouco menos de catro centos mil euros.

Episodios anteriores

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00