Hoy por Hoy Lugo Infromativo Matinal 8:20h (12/08/2020)
12/08/2020
Hoy por Hoy Lugo Infromativo Matinal 8:20h (12/08/2020)
10:24
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
O número de casos detectados no brote de coronavirus no municipio de Castro de Rei, eleva o número de positivos a seis, tras a realización de máis de medio centenar de probas PCR e detectarse un novo infectado na tarde de onte. Ademais hai un edificio illado cunhas 50 persoas, onde conviven varios dos infectados, que permanecerá en corentena durante o próximos catorce días. O primeiro positivo foi detectado na tarde do domingo e agora o Sergas continúa realizando probas PCR a todo o persoal da empresa para a que traballan os infectados para detectar novos contagios. As persoas contaxiadas son xornaleiros que traballan na campaña do amorodo, nos municipios de Cospeito, Castro de Rei e Begonte, varios deles de nacionalidade senegalesa. Ademais, as residencias de maiores do concello de Castro de Rei e o centro de dano cerebral volven á fase 0, polo que se prohiben as visitas. Mentres crece o número de casos activos na área sanitaria de Lugo chegando no último balance aos 80, cinco máis que nos últimos resultados. A presión hospitalaria segue igual, un paciente está ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti e dous no Hospital Comarcal de Monforte. Ata a data detectáronse 1.345 casos positivos de Covid-19 con 1.236 persoas recuperadas e 29 falecidas. Xunta e Goberno propoñen a Alcoa e sindicatos ampliar o período de consultas ata o 28 de setembro #a fin de que a multinacional americana negocie a venda da factoría de San Cibrao coa firma Liberty House. A pesar das restricións e limitacións impostas pola alerta sanitaria, o Resurrection Fest volverá este ano cunha edición ' XS' que programará en Viveiro un ciclo de concertos presenciais de aforo reducido, que se complementarán cunha edición online con 12 horas de música rock. O Resurrection Fest Estrela Galicia XS, que se desenvolverá entre o 21 e o 30 de agosto, pretende ser un ciclo de concertos de aforo reducido, algúns deles de pago e outros gratuítos, nos que se seguirán todas as medida
Episodios anteriores