A campaña de agasallo de libros para a mocidade volve o 22 de xuño a Ourense
A xunta de goberno local aprobou a terceira edición desta iniciativa, que rematará o 7 de setembro

Un neno consultan un libro / Cadena SER

Ourense
A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza unha nova convocatoria, a terceira, da campaña de agasallo de libros dirixida aos nenos e ás nenas da cidade. Así, destinaranse 210.000 euros a esta iniciativa co obxectivo de fomentar a lectura entre a rapazada e apoiar o comercio local. A campaña esta dirixida á mocidade nacida no ano 2004 en adiante e empadroados no Concello. Do 22 de xuño de 2022 ata o 7 de setembro de 2022 poderán retirar o libro que escollan nas librarías da cidade.
Dende o concello lembran que a iniciativa naceu coa pandemia co obxectivo de fomentar a lectura entre a rapazada. O alcalde da cidade, Pérez Jácome, subliñou que se entregará un "vale de 20€ a toda a mocidade de Ourense (nacidos de 2004 a 2022) para que a partir do 22 de xuño, o canxeen en calquera libraría de Ourense polo libro de lectura que libremente escollan".
Para recibir o libro deberán solicitalo a través de internet e recibirán un código alfanumérico que deberá presentar, xunto co NIF, no establecemento. Pola súa banda, as librarías que desexen participar nesta iniciativa deberán presentar unha solicitude de participación perante o Concello con data límite do 17 de xuño de 2022.