SER Deportivos LugoSER Deportivos Lugo
Baloncesto | Deportes

Tranquilo Musa, pronto poderás volver comer polbo

Luis Coira, médico do Río Breogán, confirma a evolución positiva do xogador e narra como vivíu o staff dende dentro o " gran susto"

Dzanan Musa, tras ser operado de la fractura en la tráquea / Dzanan Musa

Dzanan Musa, tras ser operado de la fractura en la tráquea

Lugo

"Xa logo poderá comer polbo", este é o pronóstico médico de Luis Coira, médico do Río Breogán, que certifica que a evolución favorable de Dzanan Musa. O bosnio segue hospitalizado tras teren que ser intervido de urxencia por unha fractura na súa tráquea, pero "vai moito mellor do que se agardaba nun principio", puntualiza.

O certo é que parece que todo isto vai quedar nun susto, gordo, pero un susto. "Non cotábamos con que fose tanto cando levou o golpe. Había un desprazamento- da noz-, pero puido seguir xogando, con molestias, si, pero non tuvo fala de respiración nin nada de gravidade relacionado con este accidente", describe Coira.

Esta situación, a priori, de pouca gravidade, non fixo sospeitar no que remataría nunha operación de madrugada no HULA. "Unha vez rematado o encontro cando Musa me chama e me di que nota molestia é cando decidimos ir directos cara á urxencias", o que ven despois todos o sabemos: Intervención de madrugada, incertidume e nervios.

O que axudou a que o xogador saíse relativamente ben da cancha foi que "a membrana que rodea a larinxe non rompeu de todo", porén, se non se chega a coller a tempo podería rematar en "algo de maior gravidade", valora Coira.

O bosnio, en canto foi quen de falar, o primero que fixo foi amosar o seu interese de voltar á cancha canto antes, non obstante "para o Río Breogán isto non é unha prioridade, co obxectivo logrado, Musa ten que se recuperar sen apurar plazos". Coira é optismista en canto a evolución do xogador pero moi prudente no tocante ao deportivo.

Non sabemos se volverá vestir a celeste antes de marchar de Lugo, o que si sabemos e que da cidade amurallada non marchará sen comer polbo, ese manxar que tanto cautivou o paladar o xogador estrela do equipo. "Se todo vai como parece xa logo o poderá volver comer", e se o di o médico... pouca dúbida queda.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00