Unha bóla xigante repartirá premios en Xinzo de Limia

O Concello de Xinzo e Prolimia queren dinamizar o comercio local nunha campaña que comezou o luns e remata o sábado

Elvira Lama explica a campaña "En Xinzo os premios voan"

00:53

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Xinzo de Limia

Dinamizar o comercio local é o obxectivo que comparten Prolimia e o Concello de Xinzo, por iso colaboran nunha orixinal iniciativa que pretende dinamizar o sector en Semana Santa. A campaña leva por nome En Xinzo os premios voan e foi presentada o luns pola alcaldesa, Elvira Lama; o concelleiro de Promoción Económica, Manuel Pérez Campos, e a presidenta da entidade comercial, Concepción Conde.

Será moi sinxelo participar. Na Praza Maior instalarase unha bóla xigante na que haberá que capturar os premios. Os clientes que realicen compras esta semana por un mínimo de 20 euros no comercio local poderán probar sorte e atrapar o seu premio este sábado en horario de 10.30 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

A campaña comezou o luns e rematará o sábado, día no que se instalará a bóla xigante na Praza Maior para acceder ao seu interior durante dous minutos e atrapar os premios. En total, repartiranse 1.000 euros en premios, que serán vales de compra para volver a mercar no comercio local. A administración local aporta un total de 2.600 euros, mentres que Prolimia faise cargo do importe dos premios.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00