Veciños de Toén visitan os avances do Centro integral para a loita contra o lume
O Centro integral comezará a funcionar a finais de 2023 nos terreos cedidos pola veciñanza
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Gabriel Alén subliña a importancia do Centro integral para a loita contra o lume
Ourense
O conselleiro do Medio Rural, José González, participou hoxe na xornada de portas abertas aos veciños das parroquias de Moreiras e Trelle celebrada no Centro integral para a loita contra o lume. Un Centro que a Xunta está desenvolvendo no municipio ourensán de Toén, nas instalación do antigo hospital psiquiátrico desta localidade.
O conselleiro, que estivo acompañado polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e polo delegado territorial de Xunta en Ourense, Gabriel Alén constataron que xa están practicamente operativos o circuíto de adestramento de bombeiros forestais e a pista para as prácticas de condución de vehículos 4x4 e motobombas. En ambos casos executáronse xa as rozas necesarias, así como o movemento de terras. Gabriel Alén sinalou que “nestas visitas guiadas nas que se facía unha simulación do que pretende chegar a ser este macroproxecto de referencia para toda a provincia, pero tamén estatal e internacional”.
Asemade, o conselleiro sinalou que nas edificacións destinadas a formación, que constituirán un auténtico Campus forestal, xa se realizou a análise estrutural de aproximadamente o 70% destas instalacións, estando tamén moi avanzados os traballos para proceder ao peche do perímetro do centro.
O investimento previsto para este ano rolda os catro millóns de euros e desde a Xunta de Galicia aseguran que este importe permitirá a actuación tanto nas edificacións do recinto e na súa contorna como a mellora do equipamento e a dotación dos servizos de prevención de incendios. González destacou que neste centro tamén se instalará unha aula medioambiental para formar estudantes de toda Galicia “amosar un monte con biodiversidade e multifuncionalidade”.
Ademais, contémplase a construción e adecuación dunha rede mellorada e eficiente de puntos de encontro, tanto nas instalacións do persoal, almacéns do material de prevención e extinción coma no que ten que ver coa construción de garaxes para os vehículos.