Muíños acolle o campionato galego de inverno de piragüismo
Sobre 625 deportistas na categoría promesa estarán en Muíños

Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) presenta o Campionato Galego de Inverno de Piragüismo a celebrar en Muiños os próximo 27 de marzo, acompañado de Plácido Álvarez Dobaño (Alcalde do Concello de Muiños), Manuel Pérez González (Xefe Territorial de deportes da Xunta de Galicia en Ourense) e Alfredo Bea García (Presidente da Federación Galega de Piragüismo). / Alberte Paz

A proba este domingo, na que participarán 41 clubes galegos, celebrarase nas categorías infantil, cadete nas modalidades de K-1, C-1 e paracanoe.
E o vindeiro 9 de abril, Muíños acollerá o campionato galego de inverno de piragüismo de novas promesas en barcos de equipo, cunha participación estimada de 500 rapaces.