La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Festival Cans

O Festival de Cans achégase ás 200 curtas presentadas a concurso na XIX edición

O festival volverá superar os 10.000 euros en premios

Imagen de archivo del Festival / Festival Cans

Imagen de archivo del Festival

Vigo

O Festival de Cans, que este ano celebra entre o 18 e o 21 de maio a súa XIX edición, pechou nestes días o prazo de inscrición das curtametraxes a concurso achegándose ás 200 obras inscritas. Esa é unha cifra moi positiva, tendo en conta que ao celebrarse excepcionalmente a última edición no mes de setembro e a nova edición en maio, o período de produción de obras a concurso reduciuse en varios meses.En total, foron 187 curtametraxes, videoclips e obras diversas, as que se apuntaron na web do festival para buscar un oco entre as finalistas. Recibíronse un total de 52 obras de ficción, 48 videoclips, 32 obras de non ficción na categoría Furacáns e 33 en Novas Camadas, 4 curtametraxes de animación e 20 obras de diferentes formatos, coa posibilidade de buscar un oco nas secciós paralelas do festival.

Desde a organización destacan o salto cualitativo das obras a concurso que, ademais de Galicia, chegaron procedentes de distintas cidades do Estado como Madrid, Barcelona, Extremadura ou Valencia e doutros países, onde desenvolven o seu traballo moitas e moitos creadores galegos, coma o Reino Unido, Portugal, os Estados Unidos, Francia ou Israel.O festival volverá superar nesta XIX edición a cifra dos 10.000 euros en premios. En concreto, serán 10.100 euros, aumentando as dotacións nas categorías Furacáns, destinada ás obras de non ficción, e Novas Camadas, destinada ás creadoras e creadores mais novos, que teñan 25 anos ou menos e naceran de 1997 en diante. Estas dúas seccións son as que máis medraron nas dúas últimas edicións, e o festival quere deste xeito seguir potenciándoas, facendo un esforzo por non reducir en ningún caso esta aportación tan necesaria para premiar o labor de creadoras e creadores.A partir de agora, iníciase un laborioso proceso de visionado das obras que pasarán primeiro o filtro do comité de selección das mesmas, e posteriormente as pezas finalistas serán xulgadas por cada un dos tres xurados específicos que terá o certame, ademais do xa clásico xurado das veciñas e veciños, composto por persoas da aldea de diferentes idades que representan os diferentes barrios.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00