Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O CEIP Xosé Manuel Folla Respino canta a Guarriarán

A primavera das Letras comezou esta semana na terra de Florencio Gurriarán, autor homenaxeado

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

O alumnado do CEIP de Vilamartín de Valdeorras canta un poema de Florencio

00:00:0002:38
Descargar

Ourense

As voces do alumnado do CEIP de Vilamartín de Valdeorras únense para cantar o poema "Vente, ventiño do norte", musicado polo mestre de música Jaime Díaz Paradelo. Son versos de 'Bebedeira', o primeiro poemario de Florencio Delgado Gurriarán, publicado no ano 1934 na editorial Nós.

Esta semana a Real Academia Galega presentaba unha nova edición do proxecto Primavera das Letras dedicado ao protagonista do Día das Letras Galegas 2022, no CEIP Xosé Manuel Folla Respino (Vilamartín de Valdeorras), na localidade natal de Guirriarán. No acto estivo presente o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, quen recoñecía que “é unha oportunidade para coñecer toda a riqueza cultural de Valedorras”.

Doutro lado, Freixanes fixo referencia a unha Galicia infinda, xa que que moitas galegas e galegos tiveron que exiliarse, como Florencio que emigrou a México. Tamén na inauguración da Primavera das Letras, a escritora e académica Fina Casalderey subliñaba a importancia da Primavera das Letras para achegar a figura das autoras e autores homenaxeadas cada ano.

A comunidade escolar xa pode afondar na figura de Gurriarán a través da web primaveradasletras.gal, onde hai distintos recursos educativos. Súmanse a estes outras accións, como o proxecto As Letras de Florencio.

A dous meses do día das Letras Galegas, as escolas celebran a Florencio e ao galego.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir