Hora 14 VigoHora 14 Vigo
Sociedad | Actualidad
Álvaro Cunquiero

Neurorradiólogos do Cunqueiro consolidan unha nova técnica de acceso para procedementos neurovasculares

Trátase de obter acceso á circulación intracranial a través dunha picada na base do polgar, en substitución do pulso ou da femoral

Parte do equipo de neurorradioloxía

Parte do equipo de neurorradioloxía

Vigo

Os neurorradiólogos do hospital Álvaro Cunqueiro xa teñen consolidada na súa carteira de servizos unha nova técnica de acceso endovascular. Trátase do Acceso vascular radial distal; isto é, o achegamento á circulación intracranial a través dunha picada na base do polgar en vez da convencional picada na femoral ou na radial (na cara do pulso).

Segundo explica o neurorradiólogo Carlos Rodriguez, “o acceso clásico para as intervencións neurovasculares é o trasfemoral, aínda que en procedementos cardíacos desde hai anos vense utilizando o acceso radial. Agora, damos un paso máis co a estandarización da abordaxe a través da radial distal.

Trátase dunha nova técnica diagnóstica e terapéutica, cunha seguridade e eficacia xa contrastadas, e que presenta máis vantaxes e menos complicacións que as anteriores”.

Menor sangrado e sen ingreso hospitalario

A aparición do tratamento endovascular do ICTUS, xerou a necesidade de atopar unha vía alternativa para aqueles pacientes que presentaban dificultades no acceso á circulación intracraneal desde a arteria femoral, por diferentes motivos como arterioscleroses, próteses, etcétera...

Hai dous anos os neurorradiólogos do Álvaro Cunqueiro realizaron a formación no acceso a través da radial, e especificamente na radial distal, debido ás vantaxes que esta nova abordaxe presenta: menor taxa de oclusión da arteria, mellor control do sangrado, e maior confort para o paciente e para o especialista que realiza a técnica.

Ademais, dado que é unha técnica con mellor control do sangrado, permite realizar os procedementos diagnósticos neurointervencionistas de xeito ambulatorio (co acceso femoral o paciente ten que ingresar ao menos 12 horas). “Isto é moi importante e resultou crucial para o control da lista de espera durante o período máis crítico da pandemia, na que se tiveron que limitar os ingresos que non foran por COVID”.

Líderes na formación desta técnica

A Unidade de Neurorradioloxía do Chuvi está sendo pioneira en Galicia no emprego esta nova técnica, e xa leva realizado mediante este abordaxe 207 procedementos: 170 anxiografías cerebrais diagnósticas, 9 trombectomías para ICTUS e 28 tratamentos de aneurismas intracraniais.

Por isto, ante os resultados tan satisfactorios obtidos, os neurorradiólogos da Área sanitaria de Vigo quixeron compartir esta experiencia con outros radiólogos doutras comunidades autónomas interesados nesta formación.

Así, veñen de celebrar un curso teórico e práctico no que participaron especialistas de toda España con interese en implantar nos seus centros esta novo acceso endovascular.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00