Sociedad

Celia Parra: "Os videopoemas achegan a poesía á mocidade"

Celebramos o día da poesía con Celia Parra e Alba Cid, dúas poetas ourensás

Celia Parra recita un poema de Pantallas

01:31

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Ourense

Chus Pato, Arancha Nogueira, Rochi Nóvoa, Celia Parra e Alba Cid son só algúns dos exemplos de poetas que naceron na provincia de Ourense e manteñen viva a súa esencia literaria. Hoxe 21 de marzo celebramos o día da poesía como un xeito de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética. Preguntámonos que é poesía e atopamos unha resposta clásica. A de Bécquer, quen contestaba con outra pregunta: "¿Y tú me lo preguntas?". Nós, efectivamente, trasladamos este interrogante a dúas poetas ourensás. Celia Parra afirma que "é unha forma de ollar o mundo, pasar a realidade por unha peneira e intentar interpretala". Alba Cid responde cunha poesía de Marian Moore: "A min tamén me desagrada, hai cousas máis importantes que esta nimiedade". Un convite para cambiar a mirada sobre o poético.

A poesía continúa a causar rexeitamento para algunhas persoas. Isto pode gardar relación coa tendencia a tratar de entendela ou coa concepción social dunha poesía encadrada na métrica. Porén, segundo Celia Parra "a poesía non é un código lineal, como pode ser a narrativa, a poesía aínda que non saibamos o que nos quere dicir, é unha especie de artefacto que nos fai sentir algo". Detrás da poesía hai todo un proceso. No caso de Alba Cid responde a distintos estímulos ou descubertas . De feito, en Atlas, o poemario polo que a recoñeceron como Premio Nacional de Poesía, hai un poema inspirado "nos mapas de navegación construídos con elementos naturais empegados por mariñeiros de certas illas polinesias". Doutro lado, Celia Parra empregou no seu último poemario Pantallas distintos estímulos creativos: "Tiven que ver moitas veces a entrevista dunha poeta americana e á forza da repetición, acabeime fixando no debuxo da onda en relación coa súa voz".

A poesía vai transitando novos contextos, no que axudan as ferramentas dixitais. Un exemplo é a fusión que se establece entre a poesía e outras artes, por exemplo coa música, no caso de Cinta Adhesiva, ou co humor se falamos de María Lado e Lucía Aldao. Tamén "os videopoemas achegan a poesía á mocidade", segundo Celia Parra.

Celebramos o día da poesía eu Ourense, terra tradicionalmente literaria, que atopa tamén na actualidade voces poéticas de referencia como a de Alba Cid e Celia Parra, entre outras moitas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00