Alberto Riquer, destituido
O Pescados Rubén Burela todavía non foi quen de sumar un triunfo no que vai de campaña

Riquer agarda que esta decisión serva para rachar a mala xeira de resultados

Burela
O Pescados Rubén Burela e Alberto Riquer separan os seus camiños. Así o ven de comunicar oficialmente o equipo laranxa tras perder, unha xornada máis, ante o Levante en Vista Alegre. O equipo burelisa é o colista da táboa e no que vai de tempada todavía non foi quen de gañar nin un só partido.
Riquer chegaba na presente campaña a Burela e dende o clube agadecen e súa "profesionalidade, amosada dende o primeiro día, cuns valores e ética de traballo incuestionables", porén non foi suficiente." Lamentablemente os resultados non son os agardados polo que nos vemos obligados a tomar unha decisión dolorosa pero necesaria" que non é outra que a saída do adestrador.
O presidente do club, Manuel Blanco, quixo destacar a “comprensión e elegancia" por parte de Riquer en canto se lle traslaodu a decisión, algo que "facilita que se chegue a un acordo rápidamente". Riquer, pola súa banda, agarda que “con este cambio o equipo consega romper a dinámica de resultados" e engade que esta é unha decisión "consensuada" que espera sexa positiva parap conxunto.
Riquer marcha agradecido e orgulloso, asumindo "a responsabilidade dos resultados”. O técnico madrileño se despide da entidade burelesa agradecendo a oportunidade ao club, directiva e mandando un agarimoso saúdo á afección.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo