Cortes de tráfico polo desfile de comparsas
O desfile de comparsas sairá do Pavillón Municipal ás 18 h.
Carnaval O Porriño / Concello de P Porriño
Vigo
A Policía Local do Porriño informou hoxe das restricións de tráfico que se levarán a cabo mañá con motivo do Desfile de Comparsas do Entroido.
Dende as 15 h prohíbese estacionar nas seguintes rúas:
- Fernández Areal, dende o número 1 ata a o cruce coa Avda. Domingo Bueno.
- Antonio Palacios, dende o cruce coa rúa Cruceiro ata a rotonda dos Aloques.
- Doantes de Sangue, ambas marxes que afectan a toda a fachada do CEIP Fernández López.
Dende ás 17:30 h cortarase o tráfico na rúa Doantes de Sangue.
Dende ás 18h e ata que finalice o desfile cortarase o tráfico nas seguintes rúas:
- Antonio Palacios, desde cruce do Pavillón Municipal ata a rotonda dos Aloques.
- Domingo Bueno, ata cruce con Fernández Areal.
- Fernández Areal, cruce Avda. Domingo Bueno ata o número 1.
- Manuel Rodríguez, dende o Celtiña.
- Ramón González.