Política | Actualidad

O concello de Ribadavia aproba o seu orzamento por 5,3 millóns de euros

Reforzará o gasto social

Vista de Ribadavia / GoogleMaps

Vista de Ribadavia

Radio Ribeiro

O grupo de goberno de Ribadavia, PSOE y Ribeiro en Común, aprobou onte en sesión plenaria os orzamentos de 2022, que ascenden a 5,3 millones de euros, co voto a favor do BNG e a abstención do Partido Popular. As inversións lévanse 189.000 euros e a partida máis importante vai a persoal con 2,6 millóns e 1,3 para gastos correntes.

Entre o máis destacado: aumenta os investimentos sociais. Máis de 615 mil euros destinados a dereitos sociais, supoñendo unha subida importante respecto a anos anteriores.

Destaca o establecemento por primeira vez dun bono mensual durante todo o ano para cubrir necesidades básicas como alimentación, facturas de luz, auga ou aluguer. En 2021 era a primeira vez que se instauraba, e puidemos axudar a 31 fogares durante 6 meses. Despois do bo funcionamento e da boa acollida, agora amplíase a todo o ano. Son máis de 30 familias que recibirán esta axuda social para estes tempos de suba do custe da vida.

Así mesmo, é importante recordar que o servizo de asistencia no fogar (SAF) do Concello tamén se reforza, sendo de xestión totalmente pública cun orzamento de máis de 350 mil euros. Sendo un servizo elemental para máis de 130 familias, que nestes tempos de Pandemia adquire maior valor se cabe.

Tamén se vai reforzar o servizo de Conciliación familiar. Outros servizos como Xantar na Casa ou a Axuda Material escolar, continuarán sendo mellorados na súa oferta.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00