SER Deportivos LugoSER Deportivos Lugo
Más deportes | Deportes

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo destinará 700.000 euros para as axudas ao deporte

As asociacións poderán beneficiarse de achegas entre os 300 e os 3.000 euros e para os clubs establécense dúas liñas de axuda: gastos da actividade e organización

Lugo

Trala a aprobación en Xunta de Goberno, a vicepresidencia da Deputación de Lugo, pon a disposición de asociacións culturais, clubs e entidades deportivas un total de 700.000 euros para as axudas de concorrencia competitiva. Nos vindeiros días publicaranse, con maior detalle, as bases do concurso no Boletín Oficial da Provincia.

A convocatoria para asociacións culturais conta cun importe total de 200.000 euros. "As achegas teñen como finalidade o financiamento de actividades culturais que se desenvolvan na anualidade 2022 por parte de entidades dedicadas á dinamización e promoción cultural que teñan sede ou delegación social", matiza Maite Ferreiro. As asociacións poderán beneficiarse de achegas entre os 300 e os 3.000 euros, en función da calidade e o interese cultural, patrimonial e etnográfico das actividades que presenten á convocatoria así como a súa singularidade e grao de consolidación, dacordo cos baremos fixados nas bases.

Tamén se valorará a difusión e transmisión de valores que fomenten a igualdade de xénero, a integración das persoas con capacidades diferentes e as relacións interxeneracionais. "A diferenza doutras anualidades, nesta ocasión centramos todo o investimento na organización de actividades, para promover a recuperación total dese dinamismo: das presentacións, proxeccións, coloquios, encontros culturais, que se viñan organizando e que foron interrumpidas ou condicionadas pola pandemia”.

No tocante a clubs e entidades deportivas, establécense dúas liñas de axuda: unha destinada a sufragar gastos da actividade competitiva, con 470.000 euros, e outra dirixida á organización de eventos, con achegas entre os 300 e os 2.000 euros. Na concesión, valóranse criterios como "o número de deportistas e/ou equipos, ao rendemento deportivo ou a traxectoria do club, e tamén se formulan baremos ligados a promoción do deporte feminino e a participación de persoas con capacidades diferentes".

Asi mesmo, prímanse aos clubs con sede en concellos con menos de dous mil habitantes. Maite Ferreiro sinalou que “estas subvencións son un recurso fundamental para clubs de base e afeccionados de todas as comarcas, xa que con ellas financian gastos derivados de fichas, material deportivo ou transporte facilitando que rapaces e rapazas poidan practicar diferentes modalidade que se benefician nenas e nenos/rapazas e rapaces de todas as modalidades deportivas”. O ano pasado recibiron estas axudas uns 200 clubs de base e afeccionados das distintas comarcas.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00