O Porriño presenta a sua programación de entroido
Serán cinco días de diversión
Ganadores Entroido O Porriño
Vigo
Na Vila do Louro xa está todo listo para disfrutar do Entroido.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e os concelleiros de Cultura e Educación, Bienvenido Estévez e Carolina González, presentaron hoxe o programa de actos deseñado polo Concello, no que os nenos e nenas xogarán un papel protagonista.
A inauguración da exposición cos preto de 200 debuxos dos nenos e nenas que participaron no concurso escolar de carteis do Entroido foi o escenario elexido para anunciar a programación.
Nun acto ao que acudiron os gañadores do concurso e as súas familias, así como representantes de todos os centros escolares, entregáronse os agasallos aos premiados e presentouse oficialmente o cartel das festas. Valeria Lage, Rubén Rodríguez e Saray Rodríguez (primeiro, segundo e tercer posto respectivamente) serán os encargados de dar o pistoletazo de saída o sábado 26 coa lectura do pregón. As dúas nenas que conseguiron o accesit os acompañarán no balcón da casa consistorial en tan sinalado momento.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, confesou a súa emoción “ao ver as caras de ilusión dos pequenos e pequenas” algo polo que asegurou “merece a pena ser alcalde”. Tal e como indicou o rexedor para él “unha das metas marcadas é facer do Porriño un referente cultural e unha cidade dos e para os nenos e nenas, na que teñan moito que decir xa que serán eles quen a vivan e dirixan nuns anos”.
A mostra cos deseños dos escolares pode visitarse no Centro Cultural Municipal.