SER Deportivos LugoSER Deportivos Lugo
Baloncesto | Deportes

Lisardo Gómez: "Sei que non vou volver, pero sego coas manías de adestrador na miña casa"

O ex-adestrador do CB Breogán repasa os seus anos fronte ao equipo en SER Deportivos Lugo

Lisardo Gómez repasa a súa etapa coma adestrador do Río Breogán

Lisardo Gómez repasa a súa etapa coma adestrador do Río Breogán

10:12

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Lugo

"Quiero comunicaros que desde hace tiempo padezco un problema de salud. Por este motivo me es imposible continuar al frente del equipo, ya que no me encuentro al 100%. Espero que algún día haya una continuación, pero desconozco si será posible". Así comezaba a carta aberta que Lisardo Gómez facía pública cando decidíu afastarse das canchas por mor dunha doenza crónica.

"Sei que non vou volver, porque esta doenza vaime acompañar toda a vida, pero na miña casa sigo vendo os partidos coma adestrador", confesa emocionado. Gómez foi, e é, un dos adestradores que máis pegada deixou na entidade celeste.

Lisardo colleu as rendas do equipo lucense no 2012, "con Julio González na directiva", a quen recorda con moito cariño e admiración. Capitaneu un barco que surcaba os mares da LEB con tempestades e sen apenas tripulación: "Recordo mil persoas no Pazo, recordo ver a lona do fondo no Pazo que por sorte conseguimos quitar na tempada dos Playoff frustrados". O equipo, di, estaba "encerrado no Pazo", afastado da cidade e o sentimento breoganista "era un elefante durmido".

Coa loita polo ascenso no 2015 ante o COB "despertamos ese elefante". Canastras polas rúas, visitas a colexios, entradas de agasallo para os cativos da cidade... "Foron momento duros, complicados onde non había o apoio institucional que hoxe si hai. Recordo decirllo a Marcos - xefe de prensa- e á directiva: Temos que saír á rúa. Sabía coma lucense, que o breoganismo necesitabao", relata.

Nunca volveu ver repetido o " fatídico "cuarto partido no Pazo ante o Ourense que arrebataba o soño do CB Breogán para volver á ACB. Houbo que xogalo todo na cancha dos ourensáns... e o final xa todo lucense o coñece. "Foi un momento moi duro, persoal e profesional"; Lisardo, que xa por aquel tempo coñecía da súa enfermidade, pensaba en vencer, deixar o Breo na ACB e retirarse por todo o alto. Pero a sorte non o quixo así.

"Recordo mil persoas no Pazo, recordo ver a lona do fondo no Pazo, que por sorte conseguimos quitar na tempada dos Playoff frustrados"

—  Lisardo Gómez

Todo nesta vida pasa por algo, e quen sabe se de ter ascendido aquel 2015 este 2022 o CB Río Breogán pode dar a sorpresa ca Copa do Rei ante o Real Madrid?

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00