Este xoves hai foliada
Jordan Sakho e os irmáns Quintela o din alto e claro: Hai que ir a por todas

Os breoganistas confesan como se atopan antes da Copa do Rei
05:58
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
O CB Breogán ven de presentar a camisola coa que desputarán a Copa do Rei, con sede en Granada. Os celestes rebosan felicidade, ganas e nervios por acudir a unha cita histórica. Que o Río Breogán está a ser a revelación da tempada non é un segredo e por iso mesmo o obxectivo é acabar co Madrid na cancha.
Sakho e os irmáns Quintela coinciden: O Real Madrid é un gran rival, pero "imos a por todas, porque non?". Atópanse ben, mental e físicamente. Se ben é certo os multicambios de adestrador e o Covid-19 fixeron do pasado mes de xaneiro un momento duro e complexo ao que souberon prantar cara.
"Dende fóra igual non o parece, pero foi moi duro", expón Erik Quintela. Tras o traspés na cancha do Betis, a ampla vitoria ante un grande como o Valencia debuxa nas súas caras un sorriso enorme. Musa, o capitán celeste, entre risas confesaba que " o partido ante o Betis foi mal e coma líder debía responsabilizarme. O que escribín en Twiter púxeno dende o fondo do meu corazón. Se tivese que twitear agora... diría que estou moi, moi feliz".
Pero non só os rapaces de Veljko Mrsic captan esta semana todas as miradas das bancadas celestes. O gran protagonista é Maximus. O león do CB Breogán volve conseguir colarse na final do concurso do baila de mascotas que organiza a ACB.
A ritmo de Terra, das Tanxugueiras, o león máis marchoso da competición loitará en Granada por revalidar o título. "Por Máximus facemos o que faga falta, se temos que bailar muiñeira bailamos. Nós ( os irmás Quintela) éramos sempre as árbores nas actuacións do colexio, pero se hai que apoiar a Maximus bailando, faise", confesa o menor dos irmáns lucenses.
O xoves é un día máis que importante para a afección do Río Breogán, e por partidoa doble. O recén ascendido CB Breogán viaxa coa intención de conquistar Granada a ritmo de foliada e pandeiretas.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo