La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
O Porriño

A AECC atendeu a 253 pacientes e familias

Concello e asociación mantiveron unha xuntanza na que analizaron liñas de traballo conxunto a desenvolver nos próximos meses

El alcalde O Porriño con responsables de la AECC / Concello de O Porriño

El alcalde O Porriño con responsables de la AECC

Vigo

A Asociación Española Contra o Cancro levou a cabo o ano pasado 253 intervencións que tiveron como beneficiarios a veciños e veciñas do Porriño, a través dos seus diferentes programas. En concreto, foron 138 as intervencións de atención social, que van dende consultas de información, orientación sobre axudas económicas, préstamo de material ou programa de alimentos. Foron 84 as de atención psicolóxica a pacientes e familiares e 27 no eido do traballo social.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Sanidade, Carolina González, mantiveron esta semana unha xuntanza con representantes da AECC para analizar o papel que desempeña esta entidade no municipio. Á mesma acudiron a presidenta provincial, Carmen Abeledo, o coordinador das xuntais locais de Pontevedra, Telmo Crespo, e a presidenta da AECC do Porriño, Chelo Conde.

“O labor que realizan para apoiar aos pacientes e ás súas familias é impagable”, indicou o rexedor, “O cancro require unha abordaxe integral, non é suficiente con loitar contra a enfermidade, tamén hai que facelo contra as consecuencias emocionais que produce nos enfermos e nas familias, e para iso necesítase o compromiso de todos e todas”.

Co obxectivo de sumar esforzos, estudáronse liñas de traballo conxunto a desenvolver nos próximos meses e as fórmulas para establecer lazos de colaboración entre ambas entidades, que se irán dando a coñecer nas próximas semanas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00